martes, 31 de xaneiro de 2017

Comezamos o Proxecto sobre o mar

Benvid@s a bordo!!

Nada mellor para dar comezo ao novo proxecto que presentar nos mesmos os materiais que trouxemos da casa.

Moitas Grazas a tod@s pola vosa axuda.

 


luns, 30 de xaneiro de 2017

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Hoxe conmemoramos o día escolar da non violencia e da paz.

Os nenos e nenas de educación infantil estivemos traballando co libro da paz.




E que mellor forma de plasmar este marabilloso libro que a través dun fermoso mural a partir do traballo cooperativo.





Ademais colaboramos na representación, en Lingua de Signos, da canción de Magín Blanco titulada "Todos somos capitáns". Un magnífico traballo de Nerea, a nosa mestra de música.


domingo, 15 de xaneiro de 2017

Xogos Asemblea 4 Anos

Nesta entrada queremos amosarvos algúns dos xogos que facemos na asemblea.
 Por un lado, xogamos ás tarxetas amigas. Este xogo conta cunhas tarxetas cos nosos amigos por diante e por detrás a grafía do número. Colocan as tarxetas en orde en función dos nenos que conteñan. Para comprobar si o fixemos correctamente temos que darlle a volta e ver si nos saen os números en orde. Gozamos moito traballando coas fotos dos nosos amigos.

 

 Por outro lado, xogamos a caixa das mates (dámoslle as grazas ao blogue da mestra Laura: http://auladelamaestralaura.blogspot.com.es/ por esta fantástica idea). Podemos xogar de dúas formas: na primeira, presentamos o monstro montado e os nenos teñen que contar os elementos de cada unha das partes e indicar na tabla de tapóns o número correspodente. E na segunda opción, entregamos aos nenos a tabla de tapóns indicando o número de cada parte e son eles os que teñen que montar este simpático monstro.