luns, 28 de novembro de 2016

AS NOSAS MARUXAS

Despois do Contacontos tan especial que tivemos na biblioteca e, como homenaxe a Maruxa, decicimos elaborar o seu retrato empregando os ingredientes que precisamos para a elaboración do pan.
Ademais para experimentar coa masa, probamos a botarlle un pouco de colorante alimentario vermello e puidemos ver como se tinguía dunha cor rosada ao mesturarse coa cor branca propia da masa. Así, coa masa de ambas cores elaboramos o retrato de maruxa.

Queredes ver que ben nos quedaron?




venres, 25 de novembro de 2016

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe conmemoramos o Día Internacional Contra A Violencia De Xénero.
Aos nenos e nenas de Educación Infantil non nos gusta a violencia.

Durante esta semana contáronnos o conto de MARUXA.



E quen mellor que a propia protagonista da historia.





martes, 22 de novembro de 2016

QUE LÍO DE EMOCIÓNS!


Nesta entrada queremos amosarvos algunhas imaxes do proxecto que estamos a levar a cabo en infantil. Desde a biblioteca, en colaboración cos diferentes equipos de coordinación e dinamización do centro, invitáronnos a traballar as emocións a través da arte co proxecto 
EMOCIONARTE NA CRISTINA.

Como sabedes, nas idades do noso alumnado as emocións están a flor de pel, e ás veces non saben identificalas, xestionalas, canalizalas... Por iso, decidimos aprender sobre as emocións da man do noso amigo o Monstruo de cores.

MIRADE CANTO ESTAMOS APRENDENDO!





domingo, 20 de novembro de 2016

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

A entrada de hoxe está adicada aos nenos, xa que como sabedes é o 
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.

Aínda que consideramos que o respecto pola infancia, os dereitos e os valores deben de traballarse no día a día, é unha gran oportunidade para celebralo entre todos e por iso queremos felicitar a todos eses lindos baixiños que alegran os nosos días.



venres, 18 de novembro de 2016

Por fin! O préstamo da nosa Biblioteca de Aula (5 Anos)

Hoxe por fin, iniciamos o préstamo dos contos da nosa biblioteca de aula.
Qué sorte temos que todos son novos!

Cada venres escolleremos un conto cada un, poñeremos o gomet na nosa táboa de control e o luns seguinte devolvemos o conto elixido á biblioteca de aula.





Cada luns, na asemblea, escoitaremos con atención a cada compañeira e compañeiro que nos irá contando se o conto lle gustou MOITO, POUCO ou NORMAL.

 



Se nos gustou MOITO debuxaremos no gomet da taboa de control unha cariña contenta.
Se nos gustou POUCO debuxaremos unha cariña triste.
E se nos gustou NORMAL pois unha coma esta 😐

 

 



E así cada venres e cada luns ata que todos e todas teñamos lido todos os contos.

QUE GANAS TIÑAMOS DE EMPEZAR!!


martes, 8 de novembro de 2016

sábado, 5 de novembro de 2016

ACTIVIDADES PREVIAS AO SAMAÍN E AO MAGOSTO NA AULA DE 4 ANOS

Durante os días previos ao SAMAÍN e ao MAGOSTO fixemos unha morea de actividades.

Fixemos pantasmas, zonchos, cucuruchos, xogamos na PDI, descubrimos seres mitolóxicos galegos e tivemos uns contacontos fantásticos.

Pero  unha imaxe vale máis que mil palabras.

MIRADE, MIRADE!