mércores, 31 de xaneiro de 2018

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Onte conmemoramos o día escolar da non violencia e da paz.
Nesta ocasión e relacionado co proxecto de centro "as mulleres contan" cada aula investigou a biografía dalgunha das mulleres que obtiveron o premio nobel da paz. Os nenos de educación infantil traballamos a Teresa de Calcuta, premio nobel da paz no ano 1979 polo recoñecemento da súa axuda ao pobres de todo o mundo.


Ademais, todos xuntos no patio cantamos a canción preparada pola profe Nerea "Eu teño alguén no meu corazón".




 Destacar tamén que os nenos de 6º de educación infantil participaron no concurso "Un poema pola paz" con este poema que elaboraron eles mesmos.


A lectura do poema foi realizada Leo Serrano Cotelo. 



domingo, 21 de xaneiro de 2018

Saída ao Museo Etnolúdico de Galicia

Este venres os nen@s de Educación Infantil visitamos o Museo Etnolúdico de Galicia en Ponteceso. Coñecimos un montón de xogos tradicionais e desfrutamos dunha mañá moi divertida. Deixámosvos unha pequena mostra dalgúns dos xogos que realizamos.















martes, 16 de xaneiro de 2018

A Prehistoria

Os nenos de Educación Infantil estamos inmersos nun novo proxecto que nos está gustando moito.
Deixámosvos o vídeo co que estamos comezando a traballar para que poidades volver a velo na casa.