Amosando publicacións coa etiqueta Greenpeace. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Greenpeace. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2017

GREENPEACE na Cristina!

Hoxe viñeron a visitarnos 3 membros de Greenpeace! Que sorte tivemos! estiveron un bo pedazo con todas as aulas e con todos os nenos e nenas do cole, e con nós, os de Infantil tamén.

Estabamos emocionados e atentísimos,





Contáronnos tantas cousas sobre o mar, e fixérono falando sobre Maruxa a tartaruga!





Recordáronnos o barco co que axudan aos animais e ao planeta: o RAINBOW WARRIOR!



E faláronnos sobre a importancia de coidar ao mar, sobre como afecta o lixo e o plástico aos animais e quen é o responsable. E resulta que os responsables somos as persoas!
 de ahí que sexa tan importante aprender a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR.





Aprendemos moito e dun xeito divertido e ao final incluso nós lles demos unha sorpresa a eles!!
Ensinámoslles o Rainbow Warrior que os nenos e nenas de 5 anos construiron!
FOI UN DÍA XENIAL!


martes, 14 de marzo de 2017

CONSTRUINDO O RAINBOW WARRIOR

O outro día coñecemos a historia do Rainbow Warrior, o barco co que Greenpeace trata de protexer ao planeta, os mares e aos animais así que... por que non construimos o noso propio Rainbow Warrior?

Dito e feito! Botade un vistazo ao noso traballo!!









































E aquí está o resultado final!