luns, 27 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017

O pasado venres 24 de Febreiro celebramos o Entroido no colexio.
Durante toda a semana estivemos moi atarefados rematando a elaboración dos disfraces (moitas grazas as familias pola súa colaboración) e prestando moita atención as consignas do Meco. Pero como sempre dicimos, unha imaxe vale mais que mil palabras.
Mirade que ben o pasamos.



xoves, 2 de febreiro de 2017

Visita ao Museo de Belas Artes e a Libraría Moito Conto

O pasado 31 de Xaneiro os nenos de Educación Infantil fomos visitar o museo de Belas Artes da Coruña e a libraría Moito Conto.
As visitas estiveron relacionadas co proxecto do mar que estamos levando a cabo no colexio.
No museo de Belas Artes tivemos a oportunidade de coñecer algúns cadros de Luis Seoane, observamos o material que utilizaba para pintar e levamos a cabo un obradoiro sobre os cadros que nos presentaron. Mirade que ben o pasamos!!!



Por outro lado, na libraría Moito Conto da Coruña tamén o pasamos xenial. Tivemos a oportunidade de presenciar tres contacontos (Nadarín, Grúfalo e Siete ratones ciegos). Aquí vos deixamos unha pequena mostra.