Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2017

GREENPEACE na Cristina!

Hoxe viñeron a visitarnos 3 membros de Greenpeace! Que sorte tivemos! estiveron un bo pedazo con todas as aulas e con todos os nenos e nenas do cole, e con nós, os de Infantil tamén.

Estabamos emocionados e atentísimos,





Contáronnos tantas cousas sobre o mar, e fixérono falando sobre Maruxa a tartaruga!





Recordáronnos o barco co que axudan aos animais e ao planeta: o RAINBOW WARRIOR!



E faláronnos sobre a importancia de coidar ao mar, sobre como afecta o lixo e o plástico aos animais e quen é o responsable. E resulta que os responsables somos as persoas!
 de ahí que sexa tan importante aprender a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR.





Aprendemos moito e dun xeito divertido e ao final incluso nós lles demos unha sorpresa a eles!!
Ensinámoslles o Rainbow Warrior que os nenos e nenas de 5 anos construiron!
FOI UN DÍA XENIAL!


xoves, 6 de abril de 2017

EXPERIMENTOS CON AUGA COAS NENAS DE 6º EP

Hoxe viñeron a visitarnos 3 compañeiras de 6º de Primaria. Que contentos nos poñemos cando recibimos a visita dos maiores!

Contáronnos moitas cousas sobre o mar e os animais marinos, e ensináronnos moitos experimentos con auga! que ben o pasamos!!

Katia, Nana e Luz moitas grazas e volvede pronto!!






























mércores, 5 de abril de 2017

LEMBRANDO O DESASTRE DO PRESTIGE

Moito estamos aprendendo sobre os océanos e os mares, e moito máis sobre a necesidade de coidalos, e todo isto grazas a tantas investigacións que facemos cada semana.

Unha destas investigacións levounos a falar, lembrar e pensar sobre o PRESTIGE, o desastre ecolóxico que provocou e a necesidade de que algo así non volva a pasar nunca.

Con toda a información recollida que mellor que realizar un grande MURAL, un que ademáis se expoñerá no Pazo da Cultura de Carballo dentro do Proxecto "O mundo que queremos" pois nós queremos un mundo mellor e máis limpo.

Este foi o noso traballo:

















E aquí está exposto no Pazo da Cultura de Carballo: