Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "O Mar". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "O Mar". Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de xuño de 2017

Descubrindo o mar na aula de 4 anos

Os nenos de 4 anos queremos amosarvos algunha cousiña mais do que fixemos neste trimestre no proxecto do mar. Desta volta ademais de profundizar un pouquiño mais nos coidados do mar tamén nos introducimos no mundo máxico dos seres mitolóxicos que atopamos nas profundidades mariñas. Mirade, Mirade!!!



domingo, 11 de xuño de 2017

SAÍDA A FISTERRA

Esta semana os nenos de Educación Infantil fixemos unha saída a Fisterra. Pasamos un día xenial: navegamos en barco, visitamos o museo de pesca e estivemos na praia. Aprendemos un montón de cousas e ademais divertímonos moitísimo. Pero como sempre dicimos... unha imaxe vale mais que mil palabras. Mirade, mirade!!!


xoves, 1 de xuño de 2017

XOGOS NA AULA DE 4 ANOS

Á clase de 4 anos encántalle xogar as mates e para iso temos uns recantos de lóxico- matemática moi divertidos. Xa levamos varios meses traballando nestes recantos e somos todos uns expertos.
Mirade, Mirade!!!




Ademais, como xa sabedes, gústannos moito os xogos na asemblea. Un co que estamos moi entusiasmados é o dominó de cores e texturas. Aquí vos mostramos algunhas imaxes.







E, por suposto, non pode faltar algo relacionado co noso proxecto do mar. Estas semanas estivemos traballando seres mitolóxicos do mar, entre eles, os piratas. Investigando, descubrimos que os xogos que mais lles gustan son as cartas e os dados. Así que nós tamén quixemos divertirnos un anaco. Xogamos a descubrir a carta mais alta, estivemos na procura do pirata "culo podrido" e xogamos aos dados.  Mirade que ben o pasamos!!













venres, 26 de maio de 2017

Visitas Especiais

Hoxe tivemos unha visita moi especial na aula de catro anos. O irmán de Carla veu ensinarnos un montón de cousas sobre os animais do mar. Ademais, como sabe que nos encantan as adiviñas trouxo unhas moi divertidas e tamén algunha poesía. Estivemos super atentos e aprendimos moitas cousas. Foi xenial. Moitas Grazas Ángel.







Outra visita moi especial foi cando veu a mamá de Leo contarnos un conto que nos encanta, "el pez arcoiris descubre el mar profundo". Esta vez a visita tivo lugar na biblioteca do colexio e para todos os nenos de Infantil. Estivemos encantados e gustounos un montón. Moitas Grazas Raquel.







venres, 19 de maio de 2017

GREENPEACE na Cristina!

Hoxe viñeron a visitarnos 3 membros de Greenpeace! Que sorte tivemos! estiveron un bo pedazo con todas as aulas e con todos os nenos e nenas do cole, e con nós, os de Infantil tamén.

Estabamos emocionados e atentísimos,





Contáronnos tantas cousas sobre o mar, e fixérono falando sobre Maruxa a tartaruga!





Recordáronnos o barco co que axudan aos animais e ao planeta: o RAINBOW WARRIOR!



E faláronnos sobre a importancia de coidar ao mar, sobre como afecta o lixo e o plástico aos animais e quen é o responsable. E resulta que os responsables somos as persoas!
 de ahí que sexa tan importante aprender a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR.





Aprendemos moito e dun xeito divertido e ao final incluso nós lles demos unha sorpresa a eles!!
Ensinámoslles o Rainbow Warrior que os nenos e nenas de 5 anos construiron!
FOI UN DÍA XENIAL!


mércores, 5 de abril de 2017

LEMBRANDO O DESASTRE DO PRESTIGE

Moito estamos aprendendo sobre os océanos e os mares, e moito máis sobre a necesidade de coidalos, e todo isto grazas a tantas investigacións que facemos cada semana.

Unha destas investigacións levounos a falar, lembrar e pensar sobre o PRESTIGE, o desastre ecolóxico que provocou e a necesidade de que algo así non volva a pasar nunca.

Con toda a información recollida que mellor que realizar un grande MURAL, un que ademáis se expoñerá no Pazo da Cultura de Carballo dentro do Proxecto "O mundo que queremos" pois nós queremos un mundo mellor e máis limpo.

Este foi o noso traballo:

















E aquí está exposto no Pazo da Cultura de Carballo: