Neste blog encontraredes as experiencias vividas e actividades realizadas polos nenos e nenas de Ed. Infantil do CEIP Plurilingüe A Cristina
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos b>. Amosar todas as publicacións
martes, 24 de outubro de 2017
Saída a Biblioteca Rego da Balsa
Hoxe os nenos de 5 anos fomos de visita á Biblioteca Rego da Balsa. Alí estaba agardando por nós Lili Gruyère, unha ratiña ben simpática que nos contou dous contos: a árbore amiga e avós. Ademais aprendimos algúns xogos moi divertidos.
venres, 26 de maio de 2017
Visitas Especiais
Hoxe tivemos unha visita moi especial na aula de catro anos. O irmán de Carla veu ensinarnos un montón de cousas sobre os animais do mar. Ademais, como sabe que nos encantan as adiviñas trouxo unhas moi divertidas e tamén algunha poesía. Estivemos super atentos e aprendimos moitas cousas. Foi xenial. Moitas Grazas Ángel.
Outra visita moi especial foi cando veu a mamá de Leo contarnos un conto que nos encanta, "el pez arcoiris descubre el mar profundo". Esta vez a visita tivo lugar na biblioteca do colexio e para todos os nenos de Infantil. Estivemos encantados e gustounos un montón. Moitas Grazas Raquel.
martes, 2 de maio de 2017
CONTACONTOS NA BIBLIO
Este mes tocoulle a Begoña contarnos un conto no recuncho de Nuno.
Encantounos o libro escollido porque, ademais de ser unha historia preciosa, é unha historia real.
Trátase do conto "Con Tango son tres" da Editorial Kalandraka.
Aquí tedes algunhas imaxes desa actividade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















