sábado, 25 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe conmemoramos o Día Internacional Contra A Violencia De Xénero.
Aos nenos e nenas de Educación Infantil non nos gusta a violencia.

Esta semana tivemos un contacontos moi especial sobre o conto "SAL E AZUCRE".








Deixámosvos o vídeo do conto para que poidades volver a escoitalo.
     

   





luns, 20 de novembro de 2017

PROXECTO OS DINOSAUROS

Nesta entrada queremos amosarvos algunhas imaxes do proxecto que estamos a levar a cabo en educación infantil.
Estamos aprendendo e descubrindo un montón de cousas.
Pero como sempre dicimos, unha imaxe vale mais que mil palabras.
Mirade, mirade!!!



Día Universal da Infancia

A entrada de hoxe está adicada aos nenos, xa que como sabedes é o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
Aínda que consideramos que o respecto pola infancia, os dereitos e os valores deben de traballarse no día a día, é unha gran oportunidade para celebralo entre todos, e por iso conmemoramos este día coa cantiga de Rubén Rada, "Yo Quiero".






venres, 10 de novembro de 2017

Novas experiencias na aula de 5 anos

Neste primeiro trimestre, os nenos de cinco anos, estamos gozando un montón cos novos xogos cos que estamos traballando.
O primeiro que vos imos ensinar son as regletas. Con este material comezamos a descubrir a descomposición dos números e a iniciarnos en actividades de cálculo dun xeito manipulativo. Pero como di o noso blogue, pasiño a pasiño, que temos todo o curso por diante. 



Ademais, continuamos cos nosos recunchos de lóxico- matemática. Mirade, mirade!!!



E tamén traballamos coa lectoescritura, en novos recantos, na PDI e con algún xogo na asemblea. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.



xoves, 2 de novembro de 2017

Samaín e Magosto 2017

Aos nenos e nenas de Infantil encántanos o outono e, por suposto, as celebracións do samaín e do magosto.
Mirade que ben o pasamos nestas datas.



Ademais somos uns expertos cantando cantigas de samaín.