O primeiro que vos imos ensinar son as regletas. Con este material comezamos a descubrir a descomposición dos números e a iniciarnos en actividades de cálculo dun xeito manipulativo. Pero como di o noso blogue, pasiño a pasiño, que temos todo o curso por diante.
Ademais, continuamos cos nosos recunchos de lóxico- matemática. Mirade, mirade!!!
E tamén traballamos coa lectoescritura, en novos recantos, na PDI e con algún xogo na asemblea. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.