venres, 10 de novembro de 2017

Novas experiencias na aula de 5 anos

Neste primeiro trimestre, os nenos de cinco anos, estamos gozando un montón cos novos xogos cos que estamos traballando.
O primeiro que vos imos ensinar son as regletas. Con este material comezamos a descubrir a descomposición dos números e a iniciarnos en actividades de cálculo dun xeito manipulativo. Pero como di o noso blogue, pasiño a pasiño, que temos todo o curso por diante. 



Ademais, continuamos cos nosos recunchos de lóxico- matemática. Mirade, mirade!!!



E tamén traballamos coa lectoescritura, en novos recantos, na PDI e con algún xogo na asemblea. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario