venres, 31 de marzo de 2017

O MAR NUNHA BOTELLA

O pasado 15 de marzo conmemoramos o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor cunha actividade moi interesante e divertida coa que puidemos observar, explorar e manipular diferentes elementos como a auga, cunchas do mar... para, finalmente, introducir un anaquiño dese mar nunha botella.
Mirade como o fixemos:


 

mércores, 29 de marzo de 2017

VISITA DE MANUEL (Pai de Olivia de 5 anos)

Hoxe tivemos unha sorpresa! visitounos Manuel, o pai de Olivia.

Primeiro contounos un conto e despois aproveitamos para preguntarlle dúbidas sobre o seu traballo, un traballo moi interesante pois é Policía da Unidade de "Subsuelo e Protección Medioambiental".

Canto aprendemos e como nos gustou a súa visita!

MOITAS GRAZAS MANUEL!!










mércores, 22 de marzo de 2017

DÍA DA AUGA

Hoxe os nenos de Educación Infantil celebramos o día da auga dun xeito moi especial.
O primeiro que fixemos foi ver en que consiste o ciclo da auga. Para observar o proceso colocamos unha bolsa de plástico na ventá añadindo previamente un pouquiño de auga con colorante azul para simular o mar. Na parte superior da bolsa debuxamos as nubes e o sol. Deste xeito, observamos que cando aumenta a temperatura no interior da bolsa, parte da auga comeza a evaporarse. Este vapor de agua, como non pode escapar da bolsa acumúlase na parte superior, como fai na atmosfera. Ao cabo dunhas horas, estas acumulacións dan lugar á condensación do vapor en forma de gotas, aparecendo nas paredes da bolsa.



Posteriormente realizamos outros dous experimentos moi interesantes.
Nun deles descubrimos un arcoíris de M&Ms. Mirade, Mirade!!


E no derradeiro observamos como as flores poden cambiar de cor.



Pero como sempre dicimos, unha imaxe vale mais que mil palabras!!!


xoves, 16 de marzo de 2017

VISITA DE ADRIÁN (Pai de Mayra 5 anos) - Petróleo

Hoxe visitounos Adrián, o pai de Mayra da clase de 5 anos, debido ao seu traballo sabe moito sobre o petróleo e os petroleiros, tamén chamados crudeiros.

Ensinounos fotos dalgúns crudeiros e contounos o que lle fan ao petroleo cando chega á refinería.
Tamén nos trouxo un pouco de petróleo!!

Puidemos ver canto mancha a auga, como de forte ule e de que cor tiñe todo o que toCa. Canto aprendemos grazas a Adrián.

E ademáis contounos unha lenda! unha moi bonita sobre por que o mar é salgado.

Como nos gustou e que ben o pasamos, foi un día xenial!

MOITÍSIMAS GRAZAS ADRIÁN!






































martes, 14 de marzo de 2017

CONSTRUINDO O RAINBOW WARRIOR

O outro día coñecemos a historia do Rainbow Warrior, o barco co que Greenpeace trata de protexer ao planeta, os mares e aos animais así que... por que non construimos o noso propio Rainbow Warrior?

Dito e feito! Botade un vistazo ao noso traballo!!









































E aquí está o resultado final!