Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de xaneiro de 2018

Saída ao Museo Etnolúdico de Galicia

Este venres os nen@s de Educación Infantil visitamos o Museo Etnolúdico de Galicia en Ponteceso. Coñecimos un montón de xogos tradicionais e desfrutamos dunha mañá moi divertida. Deixámosvos unha pequena mostra dalgúns dos xogos que realizamos.















martes, 24 de outubro de 2017

Saída a Biblioteca Rego da Balsa

Hoxe os nenos de 5 anos fomos de visita á Biblioteca Rego da Balsa. Alí estaba agardando por nós Lili Gruyère, unha ratiña ben simpática que nos contou dous contos: a árbore amiga e avós. Ademais aprendimos algúns xogos moi divertidos.
Pasámolo xenial. Mirade, mirade!!!







domingo, 11 de xuño de 2017

SAÍDA A FISTERRA

Esta semana os nenos de Educación Infantil fixemos unha saída a Fisterra. Pasamos un día xenial: navegamos en barco, visitamos o museo de pesca e estivemos na praia. Aprendemos un montón de cousas e ademais divertímonos moitísimo. Pero como sempre dicimos... unha imaxe vale mais que mil palabras. Mirade, mirade!!!


venres, 10 de marzo de 2017

Visita ao aquarium de Coruña

O pasado martes 7 de marzo os nen@s de educación infantil estivemos de visita no acuario de Coruña. Era unha saída moi esperada por tod@s e a verdade que o pasamos xenial. Coñecemos moitos animais e descubrimos algunhas curiosidades sobre algúns deles. Por suposto, o mais esperado era ver ao tiburón Gastón, quedamos abraiados.
Mirade, mirade!!!


xoves, 2 de febreiro de 2017

Visita ao Museo de Belas Artes e a Libraría Moito Conto

O pasado 31 de Xaneiro os nenos de Educación Infantil fomos visitar o museo de Belas Artes da Coruña e a libraría Moito Conto.
As visitas estiveron relacionadas co proxecto do mar que estamos levando a cabo no colexio.
No museo de Belas Artes tivemos a oportunidade de coñecer algúns cadros de Luis Seoane, observamos o material que utilizaba para pintar e levamos a cabo un obradoiro sobre os cadros que nos presentaron. Mirade que ben o pasamos!!!



Por outro lado, na libraría Moito Conto da Coruña tamén o pasamos xenial. Tivemos a oportunidade de presenciar tres contacontos (Nadarín, Grúfalo e Siete ratones ciegos). Aquí vos deixamos unha pequena mostra.