Amosando publicacións coa etiqueta letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de novembro de 2017

Novas experiencias na aula de 5 anos

Neste primeiro trimestre, os nenos de cinco anos, estamos gozando un montón cos novos xogos cos que estamos traballando.
O primeiro que vos imos ensinar son as regletas. Con este material comezamos a descubrir a descomposición dos números e a iniciarnos en actividades de cálculo dun xeito manipulativo. Pero como di o noso blogue, pasiño a pasiño, que temos todo o curso por diante. 



Ademais, continuamos cos nosos recunchos de lóxico- matemática. Mirade, mirade!!!



E tamén traballamos coa lectoescritura, en novos recantos, na PDI e con algún xogo na asemblea. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.



domingo, 16 de outubro de 2016

RECORDAMOS

Nos primeiros días de cole na aula de 4 anos estivemos recordando algunha cousiña do curso pasado e xogando coas letras, cos números, coas formas e coas cores. Foi moi divertido e xa somos uns expertos.

MIRADE, MIRADE!





martes, 27 de setembro de 2016

O noso inicio de curso (5 anos)

Comezamos o curso de novo! e este ano somos os maiores de Infantil.
Novo curso, nova profe e moitas ganas de aprender!

Mirade, mirade!