venres, 26 de maio de 2017

Visitas Especiais

Hoxe tivemos unha visita moi especial na aula de catro anos. O irmán de Carla veu ensinarnos un montón de cousas sobre os animais do mar. Ademais, como sabe que nos encantan as adiviñas trouxo unhas moi divertidas e tamén algunha poesía. Estivemos super atentos e aprendimos moitas cousas. Foi xenial. Moitas Grazas Ángel.







Outra visita moi especial foi cando veu a mamá de Leo contarnos un conto que nos encanta, "el pez arcoiris descubre el mar profundo". Esta vez a visita tivo lugar na biblioteca do colexio e para todos os nenos de Infantil. Estivemos encantados e gustounos un montón. Moitas Grazas Raquel.







domingo, 21 de maio de 2017

Semana das Letras Galegas

Durante esta semana os nen@s de Infantil celebramos as letras galegas. Estivemos moi atarefados coñecendo a figura de Carlos Casares e facendo algunhas actividades moi interesantes promovidas polo equipo de dinamización da lingua galega.
Gustounos un montón o conto da galiña azul e gozamos moitísimo traballando unha das historias deste conto, a bomba da felicidade.
Nas seguintes fotos podedes ver o noso mural da bomba da felicidade e algúns traballiños sobre Carlos Casares.














 Ademais construímos a nosa propia máquina da felicidade.



E para conmemorar o propio día das letras galegas participamos na primeira carreira pola lingua do CEIP A Cristina. Podedes ver as fotos no seguinte enlace.

venres, 19 de maio de 2017

GREENPEACE na Cristina!

Hoxe viñeron a visitarnos 3 membros de Greenpeace! Que sorte tivemos! estiveron un bo pedazo con todas as aulas e con todos os nenos e nenas do cole, e con nós, os de Infantil tamén.

Estabamos emocionados e atentísimos,





Contáronnos tantas cousas sobre o mar, e fixérono falando sobre Maruxa a tartaruga!





Recordáronnos o barco co que axudan aos animais e ao planeta: o RAINBOW WARRIOR!



E faláronnos sobre a importancia de coidar ao mar, sobre como afecta o lixo e o plástico aos animais e quen é o responsable. E resulta que os responsables somos as persoas!
 de ahí que sexa tan importante aprender a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR.





Aprendemos moito e dun xeito divertido e ao final incluso nós lles demos unha sorpresa a eles!!
Ensinámoslles o Rainbow Warrior que os nenos e nenas de 5 anos construiron!
FOI UN DÍA XENIAL!


martes, 2 de maio de 2017

TAUMATROPOS

Outra das actividades que realizamos en infantil para conmemorar a Semana do Libro foi xogar cun libro interactivo: "O libro inquieto" da editorial KÓKINOS.


A partir da súa lectura elaboramos uns divertidos taumatropos cos que enganamos un pouco os ollos.













CONTACONTOS NA BIBLIO

Este mes tocoulle a Begoña contarnos un conto no recuncho de Nuno.
Encantounos o libro escollido porque, ademais de ser unha historia preciosa, é unha historia real.
Trátase do conto "Con Tango son tres" da Editorial Kalandraka.

Aquí tedes algunhas imaxes desa actividade.





SEMANA DO LIBRO EN INFANTIL

A semana pasada estivemos celebrando no cole a Semana do Libro cun montón de actividades interesantes e divertidas promovidas polo equipo de biblioteca do centro. En infantil vivímola moi intensamente porque nos encantan os libros: os de contos, os de poemas, os que nos dan información...

Aquí podedes ver canto gozamos cos libros.