Amosando publicacións coa etiqueta cores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cores. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de xuño de 2017

XOGOS NA AULA DE 4 ANOS

Á clase de 4 anos encántalle xogar as mates e para iso temos uns recantos de lóxico- matemática moi divertidos. Xa levamos varios meses traballando nestes recantos e somos todos uns expertos.
Mirade, Mirade!!!




Ademais, como xa sabedes, gústannos moito os xogos na asemblea. Un co que estamos moi entusiasmados é o dominó de cores e texturas. Aquí vos mostramos algunhas imaxes.







E, por suposto, non pode faltar algo relacionado co noso proxecto do mar. Estas semanas estivemos traballando seres mitolóxicos do mar, entre eles, os piratas. Investigando, descubrimos que os xogos que mais lles gustan son as cartas e os dados. Así que nós tamén quixemos divertirnos un anaco. Xogamos a descubrir a carta mais alta, estivemos na procura do pirata "culo podrido" e xogamos aos dados.  Mirade que ben o pasamos!!













domingo, 11 de decembro de 2016

Árbore de Nadal (4 anos)

Estes días estivemos moi atarefados facendo as nosas árbores de Nadal.
Comezamos facendo unha árbore con boliñas de papel de seda mesturando distintas cores, pero como nos gustan moito as mates decidimos facer unha árbore de Nadal partindo dos números, así, do 1 ao 10 fixemos series de cores con gomets que tiñan forma de boliñas de Nadal ata formar a nosa árbore.
Foi xenial!!!
Pero como unha imaxe vale mais que mil palabras...Mirade, Mirade!!



venres, 9 de decembro de 2016

domingo, 16 de outubro de 2016

RECORDAMOS

Nos primeiros días de cole na aula de 4 anos estivemos recordando algunha cousiña do curso pasado e xogando coas letras, cos números, coas formas e coas cores. Foi moi divertido e xa somos uns expertos.

MIRADE, MIRADE!