xoves, 21 de decembro de 2017

BO NADAL

Para rematar este trimestre nada mellor que a chegada dos REIS MAGOS ao noso cole.
Foi un día cheo de emocións e de diversión.
Mirade que ben o pasamos!!!





Desde o equipo de educación infantil queremos desexarvos a tod@s unhas moi felices festas.




xoves, 14 de decembro de 2017

DINOSAUROS NO NADAL

Estamos moi preto do Nadal e esta semana está adicada a música, polo que a mestra Nerea preparou unhas cantigas moi chulas que hoxe representamos para os nenos maiores.
Os nenos de tres anos bailaron "Xa me tardan estes magos", os nenos de catro anos "O abeto está baleiro" e os nenos de cinco anos "Polo Nadal".




Ademais, dentro do noso proxecto dos dinosauros tamén representamos a panxoliña "Dinosauros no Nadal". Mirade que ben o fixemos.