mércores, 22 de marzo de 2017

DÍA DA AUGA

Hoxe os nenos de Educación Infantil celebramos o día da auga dun xeito moi especial.
O primeiro que fixemos foi ver en que consiste o ciclo da auga. Para observar o proceso colocamos unha bolsa de plástico na ventá añadindo previamente un pouquiño de auga con colorante azul para simular o mar. Na parte superior da bolsa debuxamos as nubes e o sol. Deste xeito, observamos que cando aumenta a temperatura no interior da bolsa, parte da auga comeza a evaporarse. Este vapor de agua, como non pode escapar da bolsa acumúlase na parte superior, como fai na atmosfera. Ao cabo dunhas horas, estas acumulacións dan lugar á condensación do vapor en forma de gotas, aparecendo nas paredes da bolsa.



Posteriormente realizamos outros dous experimentos moi interesantes.
Nun deles descubrimos un arcoíris de M&Ms. Mirade, Mirade!!


E no derradeiro observamos como as flores poden cambiar de cor.



Pero como sempre dicimos, unha imaxe vale mais que mil palabras!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario