Hoxe visitounos Adrián, o pai de Mayra da clase de 5 anos, debido ao seu traballo sabe moito sobre o petróleo e os petroleiros, tamén chamados crudeiros.
Ensinounos fotos dalgúns crudeiros e contounos o que lle fan ao petroleo cando chega á refinería.
Tamén nos trouxo un pouco de petróleo!!
Puidemos ver canto mancha a auga, como de forte ule e de que cor tiñe todo o que toCa. Canto aprendemos grazas a Adrián.
E ademáis contounos unha lenda! unha moi bonita sobre por que o mar é salgado.
Como nos gustou e que ben o pasamos, foi un día xenial!
MOITÍSIMAS GRAZAS ADRIÁN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario