domingo, 15 de xaneiro de 2017

Xogos Asemblea 4 Anos

Nesta entrada queremos amosarvos algúns dos xogos que facemos na asemblea.
 Por un lado, xogamos ás tarxetas amigas. Este xogo conta cunhas tarxetas cos nosos amigos por diante e por detrás a grafía do número. Colocan as tarxetas en orde en función dos nenos que conteñan. Para comprobar si o fixemos correctamente temos que darlle a volta e ver si nos saen os números en orde. Gozamos moito traballando coas fotos dos nosos amigos.

 

 Por outro lado, xogamos a caixa das mates (dámoslle as grazas ao blogue da mestra Laura: http://auladelamaestralaura.blogspot.com.es/ por esta fantástica idea). Podemos xogar de dúas formas: na primeira, presentamos o monstro montado e os nenos teñen que contar os elementos de cada unha das partes e indicar na tabla de tapóns o número correspodente. E na segunda opción, entregamos aos nenos a tabla de tapóns indicando o número de cada parte e son eles os que teñen que montar este simpático monstro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario