venres, 21 de xuño de 2019

sábado, 29 de decembro de 2018

NADAL

Aquí vos deixamos un vídeo co que os peques de 4º de infantil vos desexamos un bo nadal e ano novo. 



martes, 11 de decembro de 2018

COAS MANS NA MASA


Qué ganas tiñamos de que chegara ese día! Os nenos e nenas de infantil tivemos a oportunidade de poder visitar a panadería Roiser durante unha mañá. Pasámolo en grande sendo panadeiros e panadeiras por un día e aprendimos moito sobre a elaboración do pan.

Moitísimas gracias a Manolo, Pilar e ao seu equipo por tratarnos tan ben e ensinarnos tantas cousas. 











Para os nenos e nenas de 3 anos foi un día aínda máis especial, era a nosa primeira actividade fora do cole e non nos daba chegado o día! 

Queredes ver o ben que o pasamos? 




martes, 6 de novembro de 2018

Planetario Móbil


Hoxe foi un día especial para os nenos e nenas de 3 anos. Unha sorpesa agardábanos no ximnasio. Tratábase dun planetario móbil que temos esta semana prestado no cole.

Cando o vimos estábamos desexando entrar para descubrir o que alí había. Quedamos abraiados! Cos ollos moi abertos tivemos a sorte de dar un paseo polas estrelas. 









   








domingo, 4 de novembro de 2018

O Samaín dos peques da Cristina


Os nenos e nenas de 4º de infantil chegamos ao cole pisando forte. Despois de dous longos meses, xa estamos máis que adaptados e mirade que ben o pasamos celebrando o Samaín e o Magosto.



xoves, 13 de setembro de 2018

BENVIDOS AO CURSO 2018/2019

Desde o equipo de educación infantil queremos darvos a benvida a todas as familias que neste curso entrades a formar parte do noso centro e, por suposto, ás que xa formaban parte del.



luns, 25 de xuño de 2018

BO VERÁN!!!

O equipo de educación infantil deséxavos un feliz verán.





Recordade que voltamos ao colexio o día 12 de setembro.

mércores, 20 de xuño de 2018

sábado, 10 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER 2018

O día 8 de Marzo todos os nenos e nenas de educación infantil conmemoramos o día da muller.
Recordamos que todas as persoas deben de ter os mesmos dereitos e todas debemos de ser e de sentirnos libres, respectadas e seguras.
Tivemos un contacontos moi especial sobre o libro dos porcos que despois traballamos na aula a través dos escornabots.



Ademais, realizamos dentro do proxecto do centro "as mulleres contan" unha serie de obras de arte que representan a distintas mulleres. En educación infantil traballamos a obra de arte "muller na horta" de Luis Seoane.

                   4º Educación Infantil
                  5º Educación Infantil
                  6º Educación Infantil


venres, 16 de febreiro de 2018

ESCORNABOT

Esta semana os nenos de 5 anos comezamos unha nova andaina no cole. Coñecemos un novo amigo, o escornabot, un robot básico para iniciar aos nenos na robótica.
Para comezar a xogar con el desenvolvemos unha actividade relacionada coa lóxico-matemática. Dita actividade, consistía en que os nenos recoñeceran os distintos números que aparecían no taboleiro levando o escornabot ó cadro correspondente segundo indicaba o dado.
A medida que fomos collendo soltura complicámolo un pouquiño mais utilizando dous dados. Os nenos realizaban sumas cos números que lles saían nos dados e levaban ó escornabot ao resultado axeitado.
Desfrutamos un montón con este novo amiguiño. Pouquiño a pouco iremos descubrindo novos xogos.














luns, 12 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

O pasado venres 09 de Febreiro celebramos o Entroido no colexio. Durante toda a semana prestamos moita atención as consignas do Meco e rematamos os nosos complementos para o disfraz (moitas grazas as familias polo seu fantástico traballo). Pero como sempre dicimos, unha imaxe vale mais que mil palabras. Mirade que ben o pasamos.




mércores, 31 de xaneiro de 2018

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Onte conmemoramos o día escolar da non violencia e da paz.
Nesta ocasión e relacionado co proxecto de centro "as mulleres contan" cada aula investigou a biografía dalgunha das mulleres que obtiveron o premio nobel da paz. Os nenos de educación infantil traballamos a Teresa de Calcuta, premio nobel da paz no ano 1979 polo recoñecemento da súa axuda ao pobres de todo o mundo.


Ademais, todos xuntos no patio cantamos a canción preparada pola profe Nerea "Eu teño alguén no meu corazón".




 Destacar tamén que os nenos de 6º de educación infantil participaron no concurso "Un poema pola paz" con este poema que elaboraron eles mesmos.


A lectura do poema foi realizada Leo Serrano Cotelo.