sábado, 5 de novembro de 2016

ACTIVIDADES PREVIAS AO SAMAÍN E AO MAGOSTO NA AULA DE 4 ANOS

Durante os días previos ao SAMAÍN e ao MAGOSTO fixemos unha morea de actividades.

Fixemos pantasmas, zonchos, cucuruchos, xogamos na PDI, descubrimos seres mitolóxicos galegos e tivemos uns contacontos fantásticos.

Pero  unha imaxe vale máis que mil palabras.

MIRADE, MIRADE!





domingo, 16 de outubro de 2016

RECORDAMOS

Nos primeiros días de cole na aula de 4 anos estivemos recordando algunha cousiña do curso pasado e xogando coas letras, cos números, coas formas e coas cores. Foi moi divertido e xa somos uns expertos.

MIRADE, MIRADE!





martes, 4 de outubro de 2016

De visita a 2º, imos ver os seus peixes! (5 anos)

Onte fomos de visita.
Os compañeiros e compañeiras de 2º invitáronnos á súa clase e ensináronnos os seus peixes!

Que bonitos eran e canto nos gustaron!
E coa profe Manuela moito aprendemos sobre os seus coidados. E despois diso, pensando no mar, nos peixes... fixemos a nosa obra de arte con acuarelas e auga!

Mirade, mirade!