luns, 5 de decembro de 2016

1,2,3... un copo de neve xa tes! (5 anos)

Hoxe rematamos a nosa árbore de NADAL, puxemos círculos de papeis brillantes, bolas de cores e copos de neve!

E tanto nos gustaron que fixemos un cada un!

Dobra por aquí,
corta por alí,
abre a modiño e
velaí! un copo de neve para ti!

Mirade, mirade!


xoves, 1 de decembro de 2016

As nosas árbores máxicas de Nadal

Coñecedes ás árbores máxicas de Nadal? Os nenos e nenas de Infantil, e as súas profes, descubrímolas hoxe!! Mirade, Mirade
   

luns, 28 de novembro de 2016

AS NOSAS MARUXAS

Despois do Contacontos tan especial que tivemos na biblioteca e, como homenaxe a Maruxa, decicimos elaborar o seu retrato empregando os ingredientes que precisamos para a elaboración do pan.
Ademais para experimentar coa masa, probamos a botarlle un pouco de colorante alimentario vermello e puidemos ver como se tinguía dunha cor rosada ao mesturarse coa cor branca propia da masa. Así, coa masa de ambas cores elaboramos o retrato de maruxa.

Queredes ver que ben nos quedaron?