Aprendemos que non é un día de celebración senón de RECORDO, de FACER CONCIENCIA, de NON ESQUECER que todas as persoas deben ter os mesmos dereitos, e todas deben SER E SENTIRSE libres, respectadas e seguras.
Falamos e profundamos sobre as personaxes femininas de ficción que máis nos gustan e por qué. Porque son fortes, intelixentes, valentes...
E coa axuda dos libros da biblioteca do cole...
Aprendemos que ao longo da historia houbo moitas mulleres REAIS e extraordinarias que contribuiron a facer do noso mundo un mundo mellor.
E ademais, tamén houbo pequenas investigacións:
E música:
Foi un día extraordinario! case tanto como as mulleres das que aprendemos tanto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario